miércoles, 26 de junio de 2013

O godello sobre lías, Alento 2012, xa está no mercado como o "alento dunha deusa"


Bodega Roandi sacou ao mercado a nova anada do seu godello sobre lías coincidindo en Galicia coa conmemoración do Día das Letras Galegas, o pasado 17 de maio, data na que se conmemora e promove a obra dun escritor galego falecido. Este ano a adega fixo a súa particular homenaxe ao viño e á literatura na presentación desta nova anada do Alento 2012. 


Alento é un godello de cepas vellas que se elabora sobre as súas finas lías.  Esta variedade autóctona incrementa os seus matices con este proceso de elaboración combinando as lembranzas a mazá (propia da variedade) e flores xunto a anisados que refrescan o nariz. En boca é untuoso con retrogusto estruturado. Os expertos, dada a súa complexidade, recomendan este viño para combinar con pratos elaborados tanto de peixe como de carnes, sobre todo aves.


Alento de Roandi está a disposición dos clientes dende o Día das Letras Galegas, o17 de maio. Este ano estivo dedicado ao escritor Roberto Vidal Bolaño. Na comarca de Valdeorras, berce dos viños de Roandi, reivindican dedicar unha das próximas celebracións ao “poeta do viño” Florencio Delgado Gurriarán, escritor nacido na comarca (Vilamartín de Valdeorras) e que conta con varios poemas dedicados ao mundo do viño.

Nun deles, titulado Valdeorras, hai uns versos cos que Roandi rende a súa particular homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán e ao mesmo tempo o seu “Alento 2012” que, permitíndose copiar ao poeta do viño, é  “Alento dunha deusa”.

 

Extracto do poema de Florencio Delgado Gurriarán dedicado a Valdeorras:

 

“terra de curvas tan dóces

coma os peitos dunha nena

e de recendente aroma

coma o alento dunha deusa.

Verde mantelo de vides,

cobre o teu corpo de femia

lanzal e morada cofia

amostras na nobre testa.”
 
 
 
--------------------------------------------------------------------------------------------------
El godello sobre lías de Bodega Roandi, Alento 2012, llega al mercado como el “alento dunha deusa”
 
Bodega Roandi sacó al mercado la nueva añada de su godello sobre lías coincidiendo en Galicia con la conmemoración del Día das Letras Galegas, el pasado 17 de mayo, fecha en la que se conmemora y promociona la obra de un escritor gallego fallecido. Este año la bodega hizo su particular homenaje al vino y a la literatura en la presentación de esta nueva añada del Alento 2012. 
Alento es un godello de cepas viejas que se elabora sobre sus finas lías.  Esta variedad autóctona incrementa sus matices con este proceso de elaboración combinando los recuerdos a manzana (propia de la variedad) y flores junto a anisados que refrescan la nariz. En boca es untuoso con retrogusto estructurado. Los expertos, dada su complejidad, recomiendan este vino para combinar con platos elaborados tanto de pescados como de carnes, sobre todo aves.
Alento de Roandi está a disposición de los clientes desde el Día das letras Galegas, el pasado 17 de mayo. Este año dedicado al escritor Roberto Vidal Bolaño. En la comarca de Valdeorras, cuna de los vinos de Roandi, se reivindica dedicar una de las próximas celebraciones al “poeta del vino” Florencio Delgado Gurriarán, escritor nacido en la comarca (Vilamartín de Valdeorras) y que cuenta con varios poemas dedicados al mundo del vino.
En uno de ellos, el titulado Valdeorras, hay unos versos con los que Roandi rinde su homenaje particular a Florencio Delgado Gurriarán y al mismo tiempo a su “Alento” que, permitiéndose copiar al poeta del vino, es  “Alento dunha deusa” (aliento de una diosa).
 
Extracto del poema de Florencio Delgado Gurriarán dedicado a Valdeorras:
 
“terra de curvas tan dóces
coma os peitos dunha nena
e de recendente aroma
coma o alento dunha deusa.
Verde mantelo de vides,
cobre o teu corpo de femia
lanzal e morada cofia
amostras na nobre testa.”