jueves, 25 de julio de 2013
Un día triste en Galicia
Dende Roandi transmitimos as nosas condolencias a todos os familiares dos falecidos neste accidente e desexamos a pronta recuperación dos feridos. Tamén queremos deixar constancia do noso agradecemento a todas as personas que onte foron donar sangue en canto se fixo o chamamento e ao traballo dos profesionais dos servizos de emerxencias e voluntarios que axudaron nas tarefas de rescate.
lunes, 22 de julio de 2013
Agradecemento a Asociación Galega de Viticultura pola súa visita
Agradecemos a Asociación Galega de Viticultura as gratas palabras que nos brindan na súa web sobre a visita que fixeron á nosa adega.
Reproducimos un anaco do que contan da súa experiencia:
"Dende Pontevedra trasladouse un grupo de 38 persoas, atraídas pola curiosidade de coñecer máis viños da D.O. Valdeorras, logo de facer un curso de cata coa Asociación Galega de Viticultura. A pesares da calor, foi un día moi ameno e produtivo, visitas a adegas Roandi, Alán de Val, aos seus viñedos, e ao Santuario das Ermidas.
Ás 11 da mañá chegamos a Éntoma, no concello de O Barco de Valdeorras, onde nos agardaba unha visita á adega Roandi, fomos moi ben recibidos, por Gerardo Rodríguez, xerente da adega, Luis Ferney, encargado da viña e Divina Gayoso, propietaria
Gerardo Rodríguez, foi o encargado de ensinarnos a obra de ampliación da adega, un proxecto ambicioso que a situará entre as adegas de maior capacidade da D.O. Valdeorras, tamén nos ensinou a adega actual, cos depósitos, as barricas de Carballo francés e a cova natural onde repousa o Brinde, escumoso elaborado según o método tradicional, 100% Godello.
Logo fomos a ver a viña Bancales, que, como o seu nome indica, está cultivada en socalcos, acompañados tamén por Luis Ferney, encargado de coidar, xunto con seu pai, as vides de onde parten os grandes viños de Roandi, que manexan con sentido común e con moito respecto á terra, son viñedos asentados en ladeiras de 525 m. de altitude, sobre solos de natureza pizarrosa e arxilosa, viñedos de cepas ancestrais mesturados coa reconversión de viñedo de variedades nobres galegas, mestura equilibrada que lle imprime aos viños sensacións complexas, diferentes… únicas.
Para rematar a visita a Roandi, degustamos os viños na grata compaña de Divina Gayoso, que nos contaba coa ilusión que traballaban neste proxecto. Os viños foron: Dona Delfina, Godello 100%, mestura de cepas centenarias con viñedo xoven, Alento, Godello de cepa vella sobre lías, e Bancales, Mencía, Souson e Albarello con paso por barrica de carballo francés, todos eles acompañados cunhas exquisitas empanadas, onde sorprendeu a de acelgas, típica da zona".
Este é o enlace onde podedes ler toda a información:
http://www.fruga-galiza.org/agv/2013/07/09/de-pontevedra-a-valdeorras/

jueves, 11 de julio de 2013
Bodega Roandi ofrecerá sus vinos en la XVI Feira do Viño de Valdeorras este fin de semana
Este sábado y domingo tenemos una cita con la Feira do Viño de Valdeorras que se celebra en el Concello de A Rúa. Allí podréis degustar nuestros vinos y también podréis comprarlos.
Os esperamos¡¡¡
En el blog de la denominación de origen tenéis todos los datos de la programación. Aquí os dejamos el enlace.
http://ununiversoencadabotella.blogspot.com.es/2013/06/conoce-el-programa-de-la-xvi-feria-del.html

lunes, 8 de julio de 2013
Adega Roandi forma parte da Irmandade Galega de Agroalimentos e Adegueiros co seu escumoso Brinde
Coa pertenza a IRGADE o escumoso de godello Brinde estará promocionado na súa campaña "Eu etiquetados en galego" coa que se promove o uso de produtos que se etiquetan en galego. Explican dende IRGADE que "a economía galega e a nosa lingua deben ir da man. Os consumidores poden facer posible este desexo.O seu poder é grande. Abonda con que sexamos consumidores responsables e solidarios cos produtos galegos e coas marcas que etiquetan no noso idioma. Non abonda con manifestarmos a nosa galeguidade en datas sinaladas do calendario; cómpre que nos actos cotiás practiquemos ese necesario galeguismo de proximidade. Fagamos noso o lema desta campaña: EU ETIQUETADOS EN GALEGO".
Na internet xa se pode ver un video que protagoniza, Benigno Campos, presentador do programa da TVG Larpeiros. promovendo o uso de produtos etiquetados en na lingua galega.
Aquí tendes o enlace:
http://www.galeguizargalicia.tv/video/127/eu-etiquetados-en-galego
Entrada do futuro Museo galego do viño en Ribadavia
Esta é a información que publicou o xornal La Región:
Os políticos promoverán o etiquetado en galego
A Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros promocionará un video a traverso das redes sociais para invitar os empresarios, gandeiros e agricultores a etiquetar os seus productos en galego, así como fomentar o consumo responsable e solidario das marcas galegas. Así o acordou onte no trascurso da asamblea que mantivo o colectivo en Santo André (Ribadavia), máis en concreto na antiga reitoral e futuro museo do viño.
O acto acudiron representantes de todos os partidos políticos con representación no Pazo do Hórreo, entre eles os diputados Castor Santalices (PP) y Tereixa Paz (BNG), Xoán Bascuas (CxG) y el senador socialistas Miguel Fidalgo, que se comprometeron por escrito a apoiar e promover o etiquetado en galego.
Na xuntanza, según explicou o coordinador do colectivo, Xosé Carballido, deuse de alta na citada asociación a 31 novos irmandiños. 'A irmandade naceu o ano pasado con 40 adegueiros. Entonces xa nos planteamos abrirnos a todos os sectores, os productores de queixo ou cervexa, e por eso agora se incorporou novos empresarios', explicou o coordinador, satisfeito de que a clase política tome cartas no asunto. 'Esto pemítenos traballar en dous campos para promocionar os productos en galego', añadiu.
http://www.laregion.es/noticia/259134/politicos/promoveran/etiquetado/galego/

Suscribirse a:
Entradas (Atom)