lunes, 8 de julio de 2013

Adega Roandi forma parte da Irmandade Galega de Agroalimentos e Adegueiros co seu escumoso Brinde


 
Roandi pertence dende este sábado á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, IRGADE. A adega valdeorresa entrou a formar parte desta entidade co seu escumoso de godello, Brinde, o primeiro que se produce na DO Valdeorras e que está etiquetado en galego. O acto de adhesión a esta entidade celebrouse o sábado, día 6 de xullo,  na reitoral de Santo André  en Ribadavia, sede do futuro museo do viño de Galicia. Ademáis neste encontro os voceiros dos partidos políticos asinaron a Carta do Consumo Responsable e Solidario coas marcas que etiquetan en galego.


Coa pertenza a IRGADE o escumoso de godello Brinde estará promocionado na súa campaña "Eu etiquetados en galego" coa que se promove o uso de produtos que se etiquetan en galego. Explican dende IRGADE que "a economía galega e a nosa lingua deben ir da man. Os consumidores poden facer posible este desexo.O seu poder é grande. Abonda con que sexamos consumidores responsables e solidarios cos produtos galegos e coas marcas que etiquetan no noso idioma. Non abonda con manifestarmos a nosa galeguidade en datas sinaladas do calendario; cómpre que nos actos cotiás practiquemos ese necesario galeguismo de proximidade. Fagamos noso o lema desta campaña: EU ETIQUETADOS EN GALEGO".
 Na internet xa se pode ver un video que protagoniza, Benigno Campos, presentador do programa da TVG Larpeiros. promovendo o uso de produtos etiquetados en na lingua galega.
Aquí tendes o enlace:
http://www.galeguizargalicia.tv/video/127/eu-etiquetados-en-galego

Entrada do futuro Museo galego do viño en Ribadavia


Esta é a información que publicou o xornal La Región:

Os políticos promoverán o etiquetado en galego

Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!


redacción.ourense - 07-07-2013
A Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros promocionará un video a traverso das redes sociais para invitar os empresarios, gandeiros e agricultores a etiquetar os seus productos en galego, así como fomentar o consumo responsable e solidario das marcas galegas. Así o acordou onte no trascurso da asamblea que mantivo o colectivo en Santo André (Ribadavia), máis en concreto na antiga reitoral e futuro museo do viño. 
    
O acto acudiron representantes de todos os partidos políticos con representación no Pazo do Hórreo, entre eles os diputados Castor Santalices (PP) y Tereixa Paz (BNG), Xoán Bascuas (CxG) y el senador socialistas Miguel Fidalgo, que se comprometeron por escrito a apoiar e promover o etiquetado en galego.

Na xuntanza, según explicou o coordinador do colectivo, Xosé Carballido, deuse de alta na citada asociación a 31 novos irmandiños. 'A irmandade naceu o ano pasado con 40 adegueiros. Entonces xa nos planteamos abrirnos a todos os sectores, os productores de queixo ou cervexa, e por eso agora se incorporou novos empresarios', explicou o coordinador, satisfeito de que a clase política tome cartas no asunto. 'Esto pemítenos traballar en dous campos para promocionar os productos en galego', añadiu.
http://www.laregion.es/noticia/259134/politicos/promoveran/etiquetado/galego/
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario